Daniel García inaugurou a mostra que poderá verse na Casa da Cultura ata o 24 de xullo
A mostra, centrada na súa faceta de caricaturista, debuxante e ilustrador, inclúe máis dun cento de carteis, láminas e portadas editoriais que o artista mindoniense deseñou ao longo da súa traxectoria, recoñecibles pola súa potencia visual e súa ligazón coa cultura popular.
No acto de inauguración, Daniel García incidiu no legado persoal e artístico de Vizoso e na súa vinculación coa comarca. “Deixounos o orgullo de ser berce dun artista que con Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane unha iconografía que representa Galiza internacionalmente” e “sostivo co seu traballo e a súa creatividade un proxecto cultural e industrial fundamental para a comarca como é Sargadelos”.
O responsable provincial explicou que a exposición, que xurdiu coa homenaxe a Vizoso polo Día da Ilustración, pretenden contribuír ao recoñecemento do artista “ Os deseños de Vizoso son populares, amplamento coñecidos, mais seguramente non todas as persoas que os coñecen lle asignan autor. Un dos obxectivos desta exposición e da programación que fomos desenvolvendo este ano arredor de Vizoso desde a área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo é contribuír ao recoñecemento desa autoría”.
Ademais da obra gráfica de Vizoso, a exposición inclúe a escultura “San Froilán”, unha peza na que o artista mindoniense fai unha reinterpretación da iconografía clásica do patrón da cidade de Lugo.
A obra, que forma parte das coleccións do Museo Provincial de Lugo, sae primeira vez da sede do Museo con esta exposición que a área de Cultura inaugurou en xaneiro pasado no Pazo de San Marcos e que puido verse tamén desde aquela en Vilalba e Mondoñedo.
A exposición permanecerá na Casa da Cultura de Burela ata o 24 de xullo. Poderá visitarse de l una a vernres de 11.00 a 13.00 e de 18.00 a 20.00 horas