Site icon Crónica3.com A Mariña

Noelia Montoro pecha a súa etapa no Burela FS despois de dúas intensas tempadas

A internacional murciana deixará de vestir a elástica laranxa logo de sumar unha Liga, unha Copa da Raíña, unha Supercopa y unha Copa Galicia

Burela, 14 de xuño, 2025. A internacional española Noelia Montoro pecha a súa etapa no Burela FS despois de dúas intensas tempadas nas que colaborou na conquista dunha Liga, unha Copa da Raíña, unha Supercopa e unha Copa Galicia. Na campaña recentemente finalizada disputou 32 encontros, entre liga regular e play off, anotando un total de 7 goles. Desde o club agradecémoslle todo o traballo desenvolvido durante estes dous cursos, o seu compromiso e a súa afabilidade e maneira de ser fose da pista. Así mesmo, desexámoslle toda a sorte do mundo nos próximos retos deportivos e persoais que afronte.

Noelia Montoro Susarte (Mula, 1997) arribou no verán de 2023 a Burela procedente do STV Roldán e coa bitola de ser xa internacional con España. Durante a súa etapa en terras mariñás converteuse nunha fixa nas convocatorias de Clàudia Pons demostrando ser unha á-peche moi sobria, contundente e que sabe ler moi ben o xogo en defensa, destacando tamén pola súa limpeza cando vai ao corte e a súa capacidade para impoñerse ás pívots máis determinantes do campionato.

A futbolista murciana quíxose despedir tamén do club e da afección:

“Ola, Familia Laranxa:

Veño despedirme despois destes dous anos en Burela. Quen me ía a dicir a min que ficharía por un dos mellores equipos do mundo e que gozariamos tanto xuntos gañando títulos e dando o mellor de nós alí en Vista Alegre. Voume moi feliz de estar neste club que me deu a oportunidade de ser profesional, de dedicarme a iso e de gozar do fútbol sala dunha maneira indescritible. Non hai palabras para describir todo o que fixestes por nós, afección. Dar as grazas ao club, ao corpo técnico, a todas as miñas compañeiras e a toda a afección laranxa, que nos estivo apoiando día tras día, e non só hoxe senón todos estes anos. Voume co corazón cheo de grandes momentos e de grandes recordos. Grazas Burela por estes dous anos, que foron incribles. Espero que nos volvamos a ver. Orgullo laranxa! Un bico”.

Exit mobile version