No vídeo, Bermúdez percorre distintos espazos en Xunqueira intentado atopar a Berny e preguntando irónicamente que foi del:
“Antes dedicábase a bloquear, esixir cumprimentos, declaracións, avances, prazos, respostas… E agora? Nada de nada.”
A campaña, baixo o lema “Onde está Berny?”, pretende poñer de manifesto “a falta de actividade, propostas e fiscalización por parte de Por Viveiro agora que lle deu o goberno ao PP”. “Por Viveiro desde que o PP está no goberno, non levou ni un só rogo ni moción ao pleno” recalcou Míriam Bermúdez, “nunca tan satisfeitos estiveron con este concello. Cando estaba a esquerda, protestaban por todo; e agora desaparecen”, sinala Bermúdez.
Desde o BNG de Viveiro consideran que a política local require seriedade e constancia e que “Bernardo Fraga fixo un boicoteo claro desde o principio porque sempre quixo darlle o goberno ao PP. E agora, seguro que non tarda en facer unha seudo-oposición para aparentar”, concluíu Bermúdez.