A actividade permitiu a retirada dunha grande variedade de residuos do fondo mariño do porto deportivo como vasos, botellas, cordas e obxectos pouco comúns como unha chave automática dun coche, un teléfono ou uns alicates especiais.
Xunto aos asistentes estivo o alcalde, Dani Vega, que lles agradeceu “a súa participación nesta cita, que o pretende é concienciar sobre a importancia de coidar o noso mar, o noso entorno natural, evitando tirar todo tipo de obxectos e de residuos nas praias, nas rías ou nos océanos”.
En Galicia foron retirados nesta campaña 5.300 quilos de residuos dos fondos mariños, que se traducirán en quilos de alimentos destinados á Federación Española de Bancos de Alimentos, unindo así o compromiso ambiental cunha vertente social.