Unha decena de tripulacións masculinas e femininas competiron desde a zona de Os Castelos, na praia de Covas, pero foron Cabo de Cruz, na categoría feminina, e Vila de Cangas, na masculina, as que levaron unha bandeira cada unha. No caso das distincións de Gardacostas de Galicia, estas consistiron nunha placa, elaborada polos usuarios da Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual (Aspanane). A organización entregou dúas, unha para a Subdirección Xeral de Gardacostas e que xa foi recollida ao remate da competición polo xefe de Búsqueda e Rescate, Amador Castro, e, a outra, a entregada este mércores á Unidade Operativa de Celeiro da citada Subdirección.