Site icon Crónica3.com A Mariña

O colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, celebrou unha cerimonia de graduación para o alumnado que rematou este curso sexto de Educación Infantil

O acto consistiu na proxección dun vídeo con fotos da súa etapa en Infantil e, despois de que lles impuxeran o birrete, entregáronlles diploma e orla, para rematar cantando unha canción. As súas titoras, María José e Ana, destacaron o traballo deste alumnado que para setembro xa será de Primaria e desexáronlles sorte na nova etapa.

Exit mobile version