Na última reunión do grupo, acordouse facer de novo un chamamento á responsabilidade individual e colectiva, rexeitando con firmeza estas condutas incívicas que deterioran o noso entorno natural e a imaxe do noso concello.
Desde Alfoz Limpo apelan á conciencia da veciñanza e dos visitantes para que manteñan limpo o termo municipal e se comprometan co coidado do medio. Non se pode permitir que o esforzo de tantas persoas se bote a perder por actos egoístas e irrespectuosos co ben común.
Así mesmo, o colectivo anuncia que nas vindeiras semanas se programarán novas quedadas para a recollida de lixo, que se comunicarán publicamente a través das redes sociais. Convidan a todas as persoas que queiran colaborar a participar nestas xornadas, que teñen como obxectivo non só limpar, senón tamén concienciar.
“Porque un Alfoz limpo é cousa de todas e todos”.