A cita, organizada pola asociación Airiños do Xunco coa colaboración do Concello, será este sábado, 21 de xuño, na Praza do Souto
A rexedora, Dolores García Caramés, xunto con representantes da A.C. Airiños do Xunco, presentaron o evento na Praza do Souto, que organiza este colectivo coa colaboración do Concello de Cervo.
Ese día, desde o mediodía a hostelería de Cervo e Sargadelos servirá diferentes racións cuxo denominador común será a carne de cocho.
Os locais participantes son:
O Caseto de Copa, con volováns recheos de raxo e cogomelos e albóndegas con tomate
O Almacén, con callos e pastel salgado
A Taberna de Sargadelos, con orella e rabo con patacas
A Sacabeira, con chourizos á sidra e torresmos de Soria
Xa ás 20:00 horas dára comezo a festa de exaltación con racións de costela, chourizo, pan e viño, a un prezo de 7 euros, na Praza do Souto.
Ademais sortearase un “cochinillo” durante o día e haberá animación musical.
A alcaldesa Dolores García Caramés, destacou que esta festa é xa un referente no caledario cultural e gastronómico do Concello, grazas ao traballo de Airiños do Xunco “que este ano ademais cumple nada máis e nada menos que medio século de vida” e quixo animar a veciños e visitantes a achegarse ata Cervo nese día para saborear os produtos da nosa terra, e tamén a descubrir as diferentes propostas que ofrecerán os locais de Cervo e Sargadelos nesa xornada festiva.