Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de cervo promove a transmisión do oficio da forxa tradicional apoiando un curso impartido por Telmo Cao

As persoas interesadas poden inscribirse e solicitar máis información no teléfono 638 71 72 72 ou no correo telmocao@yahoo.es

Cervo, 29 de xuño do 2025. O Concello de Cervo colabora coa organización dun curso de iniciación á forxa tradicional, que será impartido polo artesán Telmo Cao no seu obradoiro situado na antiga nave de fundición de Sargadelos, entre os días 4 e 8 de agosto.

A actividade, que conta con prazas limitadas, está dirixida a todas aquelas persoas interesadas en achegarse a este oficio tradicional a través dunha formación teórico-práctica nun espazo único, como é o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.

O obradoiro no que se desenvolverá o curso ocupa un edificio histórico do século XVII, restaurado no ano 2017, que foi cedido ao artesán polo Concello de Cervo no 2020 co obxectivo de apoiar e dar continuidade a proxectos vinculados á recuperación e dinamización do patrimonio cultural e artesanal.

O curso está parcialmente subvencionado polo Concello, “co fin de facilitar o acceso á formación e contribuír á posta en valor e transmisión dun saber tradicional que forma parte da identidade cultural do municipio”, apuntou a alcaldesa.

que puxo en valor esta iniciativa e destacou “a importancia de manter vivos os oficios tradicionais e de favorecer a súa transmisión a través de propostas formativas como esta, que permiten conectar á veciñanza co seu patrimonio material e inmaterial”.

Telmo Cao leva anos dedicado á forxa artística e á escultura en metal, traballando por encargo e elaborando pezas únicas no seu taller. Con este curso, abre de novo as portas para compartir os seus coñecementos e contribuír á continuidade dun oficio con profundas raíces, e que forma parte do noso patrimonio.

Exit mobile version