O programa da xornada inclúe a visita ao Acuario, ao Museo do Ferrocarril, xantar e o seguro de viaxe. O prezo total é de 50 euros por persoa.
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición e facer o pago nas oficinas municipais do Concello de Trabada ata o 13 de xuño. As prazas son limitadas e no caso de quedar vacantes tras ese prazo, poderán acudir persoas con familiares empadroados en Trabada.
Desde o Concello de Trabada destacan que este tipo de propostas buscan fomentar a participación social, o acceso á cultura e o benestar emocional da veciñanza, promovendo espazos de encontro e dinamización comunitaria.