A Concelleira de Comercio Mª Xosé Fernández e o Vicealcalde Modesto Renda puxeron en valor o que é xa o maior aporte municipal ao comercio ata a data
Unha axuda municipal que duplica á do ano 2024 e que constitúe xa o máis elevado aporte do Concello ao comercio vilalbés ata a fecha.
Este acordo posibilitará o financiamento de campañas de dinamización ao longo de todo este ano e enmárcase na total aposta do Concello polo comercio como “eixo vertebrador fundamental da economía local”.
Así o explicou a concelleira responsable deste acordo María Xosé Fernández, que puxo en valor o “imprescindible da colaboración entre o Concello e o asociacionismo empresarial”.
Unha visión, esta, compartida polo Vicealcalde Modesto Renda quen contextualizou esta “axuda municipal sen precedentes” como o apoio que “sen dúbidas merecía o comercio vilalbés”