As asociacións e entidades que fagan uso deles deberán enviar un correo electrónico antes do 30 de xuño
Actualmente, o Concello non dispón dunha normativa xeral nin dun rexistro unificado sobre as cesións destes bens públicos, o que dificulta coñecer que entidades utilizan algúns locais, en que condicións e durante que períodos de tempo.
Por este motivo, dítase un bando polo que se informa de que todas as asociacións ou entidades que estean a facer uso continuado dalgún espazo municipal deben enviar un correo electrónico ao enderezo nmd.secretaria@viveiro.es antes do 30 de xuño de 2025 no que se indique:
-Nome da asociación.
-CIF.
-Nome e apelidos do/a presidente/a.
-Teléfono e correo electrónico de contacto.
-Espazo utilizado, con detalle do horario, actividades realizadas e período de cesión.
De dispor dalgún documento acreditativo da cesión, deberá achegarse tamén unha copia no mesmo correo.