As analíticas confirman que a calidade da auga cumpre cos parámetros esixidos pola normativa vixente
A decisión foi adoptada tras comprobar que os resultados das analíticas realizadas tanto nos depósitos como nos distintos puntos da rede municipal cumpren cos parámetros esixidos no Real Decreto 3/2023, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios da calidade da auga.
Restablecida a subministración habitual desde a captación do río Landro e garantida a seguridade sanitaria, o Concello agradece á veciñanza a súa colaboración e prudencia durante estes días.