O alcalde, Dani Vega, explicou que “Comparte coa túa mascota un Ribadeo limpo. Esta é a mensaxe que envía o Concello de Ribadeo a todos. Debemos ser responsables, debemos ser conscientes que manter un Ribadeo limpo é unha cousa de todos. Esta é a campaña que anuncia o Concello de Ribadeo. E tamén chamamos á responsabilidade para que todos os cidadáns sexamos conscientes de que ter un Ribadeo limpo non é unha cousa individual, senón que é unha cosa colectiva, non é unha cousa do Concello, dos traballadores municipais, é unha cosa de todos”.
O rexedor subliñou que “aquí vamos ser moi claros, vamos cumprir coa ordenanza e aquela persoa que non cumpra ten que ser consciente de que as multas son de entre 100 a 750 euros por non cumprir coa ordenanza. Nestes momentos hai 25 sancións postas. Iso quede dicir que a partir de agora vaise incrementar a presenza policial porque queremos ter o Ribadeo do futuro, o Ribadeo do presente, limpo”.
E engadiu: “desde o Concello enviamos unha mensaxe moi clara Comparte coa túa mascota un Ribadeo limpo e entre todos, seguramente, que o podemos facer”.