Máis aínda cando se trata dunha intervención de emerxencia provocada pola rotura e os defectos da canalización das augas de drenaxe da vía LU-P3103 de competencia provincial, non sendo responsabilidade nin do veciño nin do Concello. “É indecente e indignante ver como unha estrada provincial está xerando danos na casa dun veciño e por riba, a mesma administración que lle provoca esta situación lle pretenda cobrar os custes polo achique de auga do servizo de bombeiros”.
“Pedimos, pois, menos demagoxia e máis compromiso real cos veciños e se de verdade queren ser útiles, insten á Deputación a corrixir esta situación dunha vez por todas, tal como reclaman continuamente os veciños desta parroquia que o levan sufrindo desde hai case dous anos e medio despois do primeiro episodio de rebentóns e inundacións”.
“Un compromiso que asumimos todas as forzas políticas nunha xuntanza do alcalde, Manuel Otero, nesta parroquia o pasado mes de abril e no que acordamos crear unha mesa de traballo con todas as administracións afectadas, e do que aínda estamos esperando polo nomeamento dun representante do ente provincial”.
Por último, “desde o Concello e desde o grupo provincial do Partido Popular facilitamos asesoramento legal ao veciño na tramitación das alegacións e na presentación dun recurso de reposición, polo que agora está da súa man a estimación da Deputación para que se solucione”, rematan.