Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Socialista de Viveiro solicita unha xunta de voceiros para recibir información detallada sobre o verquido de purín e coñecer as medidas que se van tomar

Viveiro, 14 de xuño, 2025. O grupo socialista ven de rexistrar un escrito no Concello dirixido á Álcaldesa solicitando a convocatoria dunha xunta de voceiros/as. O obxectivo é recibir información detallada sobre o verquido de purín acontecido a semana pasada e coñecer as medidas que se prevén sobre o causante desta “catástrofe natural sen precedentes”.

Durante os días que se produciu esta situación tan crítica para o concello, “entendimos que tanto dende o Concello como desde os servizos técnicos municipais e doutras administracións se estivo traballando intensamente para solucionar o problema. Por iso mesmo, decidimos esperar e ser respetuosos cos tempos confiando que se estaba actuando con responsabilidade. Tamén compre decir que a nosa voceira María Loureiro púxose en contacto coa Alcadesa para que a informara da situación e foi informada do que se estaba a facer nese momento”.

“Pero que agora que a situación parece estar estabilizada, consideramos que é momento de que a Alcaldesa informe de xeito pormenorizado sobre o ocurrido. E sobretodo se se van tomar medidas respecto da responsabilidades que poidan derivarse destes feitos”.

“A veciñanza merece coñecer toda a información e entendemos que a Xunta de Voceiros e o espazo acaído para elo, porque aí estamosa máxima representación dos veciños/as de Viveiro.

Exit mobile version