Site icon Crónica3.com A Mariña

O lugar da Senra, en Cervo, desfrutará das súas Festas na Honra á Virxe do Carme e San Pedro o vindeiro sábado, 28 de xuño

A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, polo edil de Zona Rural, Adrián Arias, e por membros da Asoc. Cultural e Recreativa O Raxal, como entidade organizadora

Cervo 23 de xuño. O lugar da Senra desfrutará das súas Festas na Honra á Virxe do Carme e San Pedro o vindeiro sábado, 28 de xuño.

A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, polo edil de Zona Rural, Adrián Arias, e por membros da Asoc. Cultural e Recreativa O Raxal, como entidade organizadora.

A programación para o sábado 28 de xuño será a seguinte:

Haberá Misa na honra de San Pedro e a Virxe do Carme, ás 13:00 horas, cantada polo Coro Parroquial de Cervo; seguida de procesión con Fol do Raxal.

A continuación, o grupo Mar de Arousa protagonizará o vermú.

Á noite haberá Gran Verbena de novo amenizada polo Grupo Mar de Arousa, seguido do Disco Móbil Conxuro a partir das 22:30 horas.

O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a participar activamente nesta Festa, que ademais marca o punto de partida da tempada estival no municipio, como primeira festa patronal da tempada.

A alcaldesa, Dolores García Caramés quixo felicitar á Asoc. Cultural e Recreativa O Raxal por todo o esforzo e ilusión que poñen na organización desta xornada que abre con alegría o ciclo de festas populares do noso verán, convertendo A Senra nun punto de encontro de veciños e visitantes nun ambiente familiar e acolledor.

Exit mobile version