A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora no desenvolvemento da xornada, en lembranza do axenteforestal Quique Casanova
No encontro, que contará con intervencións de traballadoras e traballadoras, representantes sindicais en saúde laboral e outro persoal técnico especializado en extinción de incendios e enxeñería de montes, analizarase a evolución dos incendios e dos riscos ao longo das últimas décadas e as causas dos accidentes en tarefas de extinción ou a situación de axentes e bombeiros forestais en relación cos coeficientes redutores e as enfermidades profesionais.
Alén da análise técnica, a xornada concebiuse en lembranza de Quique Casanova, axente forestal do Corgo que faleceu en 2015 dun infarto durante a extinción dun incendio en Vilamaior, en Guntín. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza condenou á Xunta de Galiza pola falta de dilixencia na aplicación das medidas preventivas que terían evitado a súa morte.
O secretario comarcal da CIG Lugo-A Mariña Lois Neto e Dulce Neira, membro da executiva comarcal do sindicato, o deputado de Rural Daniel García e a concelleira de Cultura do Concello de Lugo Maite Ferreiro presentaron esta mañá o programa, baixo o epígrafe “Monte e rural galego, razóns de vida para a prevención de riscos”.
A asistencia á xornada, que se celebrará no Salón de Actos do Pazo de San Marcos,é libre e gratuíta.
Programa
9.30 h
Apertura da xornadas
9.40 h
Razóns de vida.
Mario Outeiro Iglesias
9.50 h.
O accidente de Quique Casanova. Unha morte evitable?
Dulce María Neira Fraga (Gabinete de Saúde Laboral CIG) – Antonio Niño Saavedra (CIG-lugo)
10.30 h.
Pasado, presente e futuro da prevención de riscos no dispositivo de extinción de incendios forestais en Galicia.
Manuel Martínez Méndez (Bombeiro forestal e delegado de prevencón de riscos da CIG no Comité de Seguridade e Saúde de Incendios Forestais da Xunta de Galicia)
11.30 h
Pausa
12.00 h.
Análise dos accidentes na exinción de incendios forestais
Fernando Iglesias Rei (Doutor Enxeñeiro de Montes)
12.45 h.
Coeficientes redutores e enfermidades profesionais nos axentes e bombeiros forestais. José Antonio Pereiro (Xefe sección xubilacións INSS Lugo)
13.30 h.
Os riscos do comportamento extremo de incendios
Luis Cháin Galán (Analista UNAP en Castela A Mancha)
14.15 h.
Conclusións da xornadas
Xabier Bruña García (Enxeñeiro Forestal)
14.30 h
Peche da xornada