Os populares afean que “a rexedora socialista queira apropiarse de méritos sen merecelo” ao dar a entender que a visita dos reis foi froito da súa xestión, “cando a iniciativa foi da propia Casa Real”
“Eses si que son méritos seus e non outros dos que se quere apropiar sen merecelo”, subliña en referencia á visita dos reis a Burela sobre a que “a alcaldesa da a entender que foi froito da súa xestión, cando a iniciativa foi da propia Casa Real”.
Despois desta “histórica visita na que tivemos a oportunidade de participar” e o fatal accidente en plenas patronais que causou un profundo pesar na vila; “volvemos á triste realidade do día a día de Burela”.
Como xa advertiran os concelleiros do Grupo Municipal Popular no 2023, “os veciños e veciñas temos que soportar unha carga impositiva cada vez maior con este goberno” como a suba nun ano do 19% na taxa da auga ou da taxa do sumidoiro.
“Outro dos tristes méritos da señora López Moreno son os incumprimentos económicos que lle corresponden ao Concello de Burela” como “o incumprimento da regra de gasto que superou o cálculo básico en 2M€”.
Á vista de que “non existen grandes obras en Burela nas que se poida apreciar en que se gastaron eses 2M€ a maiores do que estaba permitido por lei”, o PP preguntou no Pleno en que investira o goberno bipartito eses cartos sen obter resposta. Os populares condenan a xestión da alcaldesa que é a responsable, precisamente, da área económica no goberno da Deputación de Lugo.
O portavoz popular engadiu tamén “o constante incumprimento das ordenanzas do Concello incluso as que ela mesma aproba”.