José Manuel Gómez Puente, explica que durante a noite de San Xoán a zona de Altar, unha das máis turísticas do municipio “non tivo alumeado público” a pesar de que conta cuns 30 farois LED: “Falamos de mellorar a imaxe do municipio pero, sobre todo, de dar seguridade”
O voceiro popular, José Manuel Gómez Puente, recorda que nesta zona do municipio hai varios locais de hostalería o que, engadido ás numerosas vivendas, fai deste punto “un dos máis concorridos durante o verán e en noites como a de onte” polo que “non é de recibo que non haxa ningún tipo de alumeado público”.
José Manuel Gómez Puente esixe ao goberno local de Barreiros que “acedan de inmediato o alumeado público, sobre todo de cara á campaña de verán cando a poboación de Barreiros multiplícase”.
O voceiro popular recorda que “non é a primeira vez que denunciamos as carencias do alumeado público de Barreiros” xa que cómpre recordar que “na pasada Semana Santa a estrada da costa, que conecta numerosos puntos de interese así como negocios de hostalería, contou con numerosas deficiencias de alumeado”, sen esquecer a situación da rotonda que une as estradas nacionais 634 e 642 e tamén da rotonda que une o acceso a autovía A-8 coa N-634, “carentes de alumeado dende hai moitos meses”.
José Manuel Gómez Puente denuncia esta situación e esixe “que se corrixa de inmediato xa que, ademais de dar unha imaxe moi pobre do municipio, estase a minimiza a seguridade xa que o alumeado é fundamental”.
“Son moitos os veciños que xa puxeron esta situación no noso coñecemento, así como as queixas dos propietarios dos negocios de hostalería son importantes xa que a realidade é que son moitos os farois apagados, tanto nas proximidades dos negocios como noutros puntos do municipio”, denunciou.