Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP esixe que Tomé “que abandone a soberbia e o seu escondite e dea explicacións públicas sobre a maior crise de goberno na Deputación”

Antonio Ameijide pon sobre a mesa que “Tomé sempre di que veu a instaurar un ciclo de unidade e tranquilidade na Deputación pero os feitos desmenten as súas palabras, as dun presidentes que pretende dar leccións aos demais cando non ten consellos nin para si mesmo”

Lugo, 25 de xuño de 2025. “Xa pasaron 24 horas do inicio da crise de goberno máis importante da historia da Deputación de Lugo e José Tomé segue agochado”. Así de contundente se amosou o voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, criticando “o silencio” que onte mantivo o presidente da Deputación e que hoxe sigue vixente.

Antonio Ameijide afirma que “José Tomé ten que dar explicacións porque todos os lucenses as merecemos”. “Temos dereito a coñecer que motivou esta crise porque seguimos sen saber por que tres deputados de goberno non acudiron ao pleno e, o máis importante, canto nos vai a custar aos lucenses a posible reconciliación dos socialistas”, preguntou.

Para Antonio Ameijide o silencio de José Tomé “é un indicativo máis” de que tanto “PSOE como BNG só se moven por intereses persoais e nunca mirando polo ben dos veciños da provincia”.

MUNICIPALISMO DE AMIGUETES

Antonio Ameijide tamén reafirma a idea que se vén denunciando dende o comezo deste mandato, “o municipalismo de amiguetes” do que José Tomé fai gala. No pleno de onte comprobouse “non todos os socialistas concordan” con Tomé xa que “non é capaz nin de asegurar que o apoio do seu goberno e que asistan aos plenos provinciais”.

Os deputados populares recordan como este municipalismo de amiguetes consiste en que José Tomé reparte convenios a dedo (vía xunta de goberno e por decreto de presidencia) “unicamente para concellos gobernados por PSOE e BNG”, e dentro deses concellos “só mira para aqueles con alcaldes afíns, ignorando tamén a municipios gobernados por socialistas”.

“Dese municipalismo de amiguetes chegaron estes lodos e o que está a provocar o sectarismo e a soberbia de José Tomé e que os danos os acabamos pagando todos os lucenses”, criticou.

Ante esta situación, Antonio Ameijide reclama “un goberno xusto con todos os lucenses” á fronte da Deputación provincial “e está máis que claro que con José Tomé, o PSOE e o BNG á fronte non é posible”.

“O sectarismo e a soberbia de José Tomé convertérono no presidente máis illado da historia da Deputación de Lugo, un presidente solitario e sen apoios que, polo ben de todos os lucenses, debería de facerse a un lado”, ao que engade que “Tomé sempre di que veu a instaurar un ciclo de unidade e tranquilidade na Deputación pero os feitos desmenten as súas palabras, as dun presidentes que pretende dar leccións aos demais cando non ten consellos nin para si mesmo”.

Exit mobile version