Cándido Paleo Rejes asumirá a Primeira Tenencia de Alcaldía e Alejandro Carballeira incorporarase á corporación municipal como novo edil socialista
Co obxectivo de garantir a continuidade e estabilidade do executivo municipal, o pleno desta mañá formalizou a súa substitución. Segundo o establecido, o concelleiro socialista Cándido Paleo Rejes, que ata agora dirixía a área de Medio Ambiente, asumirá a Primeira Tenencia de Alcaldía, así como a responsabilidade en Servizos e Infraestruturas e a representación da Mancomunidade de Concellos da Mariña. Ademais, o seguinte membro da candidatura socialista nas pasadas eleccións municipais, Alejandro Carballeira, incorporarase á corporación como novo concelleiro do PSdeG-PSOE, asumindo á área de Medio Ambiente.
O grupo municipal socialista no Concello de Alfoz queda conformado por Cándido Paleo, Alejandro Carballeira e Sonia Val, quen continúa á fronte da área de Cultura e tamén actúa como representante da Mancomunidade.
Desde o PSdeG-PSOE de Alfoz queren trasladar unha vez máis o seu fondo pesar pola perda do compañeiro, que destacou sempre polo seu compromiso co partido e pola súa entrega no día a día da xestión municipal.
A agrupación socialista continuará traballando con responsabilidade desde o goberno local, en colaboración co grupo de Veciños Independentes por Alfoz (Via), para seguir impulsando melloras nos servizos públicos e no benestar da veciñanza.