Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG de O Vicedo pon en marcha unha campaña de escoita activa coa veciñanza: “Escoitámosvos”

O Vicedo, 5 de xuño de 2025. O grupo municipal do PSdeG-PSOE de O Vicedo presenta unha nova iniciativa de participación cidadá baixo o lema “Escoitámosvos”, unha campaña de encontros abertos nas diferentes parroquias do Concello para recoller propostas, inquietudes e suxestións da veciñanza.

A campaña ten como obxectivo principal achegarse á cidadanía, establecer un diálogo directo e horizontal cos veciños e veciñas, e poñer en valor a importancia da súa voz no futuro do municipio.

“Temos claro que O Vicedo constrúese entre todas e todos. Por iso, o primeiro paso para facer política útil é escoitar. A nosa prioridade son as persoas, as súas necesidades e os seus proxectos de vida”, destacan desde a agrupación socialista.

A iniciativa levarase a cabo de maneira itinerante polas diferentes parroquias do Concello: Cabanas, Riobarba, Negradas, Suegos, Mosende, San Román do Val e O Vicedo, cun calendario de encontros que se anunciará nas vindeiras datas.

A campaña preséntase cunha imaxe clara e emotiva, cunha mensaxe inclusiva: “O Vicedo somos TOD@S”, que subliña a vontade do PSdeG-PSOE de representar a todas as persoas, sen exclusións.

Con esta acción, o grupo socialista reafirma o seu compromiso cunha política centrada nas persoas, na proximidade e na participación real da veciñanza.

Exit mobile version