Sara Val Vázquez, Enfermeira Especialista en Familia e Comunitaria, do Centro de Saúde de Mondoñedo, será a encargada de impartir esta formación aberta a todas as persoas que queiran asistir.
O taller de formación para o coidador/-a principal, achegará completa información sobre aspectos fundamentais deste eido, como son:
• Autocoidado
• Hixiene
• Incontinencias
• Prevención de úlceras
Sara, na súa intervención, estará acompañada por membros facultativos do Centro de Saúde de Mondoñedo.
Esta é unha gran oportunidade para poder coñecer, de primeira man, as problemáticas dos coidadores/-as e aqueles aspectos a ter en conta para un desenrolo axeitado e seguro da súa labor, evitando con iso problemáticas moi comúns a estas persoas.
Dende o Centro de Saúde e o Concello de Mondoñedo queren convidar ás persoas interesadas neste tema, a que asistan a esta importante actividade formativa impartida por esta gran profesional da saúde.