Site icon Crónica3.com A Mariña

Ortigueira adquire unha cadeira anfibia e dúas flexipasarelas para facer das súas praias un lugar disfrutable para todos

O Concello investiu preto de 9.000 euros en comprar este equipamento, que mellora a accesibilidade e, polo tanto, a calidade dos areais de Morouzos e A Concha

Ortigueira, 4 de xuño de 2025. O Concello de Ortigueira continúa coa súa política de mellora de accesibilidade nas súas praias coa adquisición de novos equipamentos destinados a facilitar o goce dos areais a todas as persoas, poñendo o foco especialmente naquelas con mobilidade reducida. Nesta ocasión, investíronse 8.845 euros de fondos propios para a compra dunha cadeira anfibia e unha flexipasarela para a praia de Morouzos, así como unha flexipasarela adicional para a praia da Concha, na parroquia de Espasante.

Esta actuación enmárcase na estratexia municipal de facer de Ortigueira un lugar máis inclusivo e amable para todas as persoas, onde a contorna natural e os espazos públicos estean adaptados para ofrecer igualdade de oportunidades a toda a cidadanía e os visitantes. Grazas a este investimento, mellórase notablemente a comodidade e seguridade de quen require apoios dalgún tipo para acceder ao mar, contribuíndo a que as praias do municipio sexan espazos disfrutables para todos.

O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, subliña que “el esfuerzo por adaptar las playas no solo responde a criterios de inclusión social, sino también a la voluntad de ofrecer un destino turístico de calidad, moderno y comprometido con la diversidad. La accesibilidad de nuestras playas no es una opción, sino una necesidad, como hemos demostrado con esta y otras actuaciones anteriores”.

Exit mobile version