Site icon Crónica3.com A Mariña

Os bombeiros excarceraron unha persoa tras un accidente entre dous vehículos en Barreiros

Ocorreu na rúa de Viladaide Praia Altar. O 112 Galicia tivo constancia do accidente a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pouco antes das 13 horas: dous vehículos acababan de colidir e unha persoa permanecía no interior dun eles, incapaz de abrir a porta. Os Bombeiros de Barreiros tiveron que empregar o seu material de excarceración para extraer á persoa en condicións de seguridade. No operativo participou tamén a Garda Civil de Tráfico.

Exit mobile version