As restricións manteranse durante o día de hoxe, xornada na que continuarán facéndose analíticas da auga
Os resultados son favorables, xa que a calidade da auga recollida cumpre cos parámetros establecidos. Por precaución, non se levantan durante o día de hoxe de momento as restricións vixentes. De feito, as analíticas continuarán realizándose ao longo do día para garantir a seguridade sanitaria e ambiental.
O Concello de Viveiro lembra que a situación está a ser monitorizada en coordinación coa empresa concesionaria Viaqua, cos servizos de emerxencia e co resto das administracións implicadas.
A alcaldesa Mariña Gueimunde manifestou que «desde o Concello, agradecemos o traballo dos equipos de emerxencia e pedimos á veciñanza que manteña a prudencia mentres continúan as análises. A prioridade é garantir a calidade da auga e a seguridade da poboación».