A serie componse de tres capítulos, centrados en distintas figuras que representan o legado oral galego. O primeiro está dedicado a Rosa e Adolfina Casás Rama, de Cerceda; o segundo ás Pandereteiras de Mens, de Malpica de Bergantiños; e o terceiro a Eva Castiñeira, de Muxía. Esta produción xa pode verse na páxina web da Academia (academia.gal) e na súa canle de YouTube.
Tras a visión do documental, xs asistentes puideron escoitar o coloquio conducido pola propia Alba López, e no que participaron Carmen Maseda e Ugia Pedreira. Nel deron a súa visión da música e do traxe tradicional galegos. Ademais, un grupo de nenas da Asociación de Amigos da Gaita interpretaron varias pezas tradicionais dando mostras da transmisión xeracional.