Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo acolleu esta fin de semana un curso de Taci Chi impartido polo gran mestre Liming Yue

Estivo organizado por Chen Style Tai Chi Center, de Gijón, coa colaboración do Concello. O gran mestre Liming Yue é embaixador mundial da promoción do Tai Chi pola organización de Chenjiagou e as autoridades do goberno local en China en 2009, debido á súa grande contribución e logros no Tai Chi do estilo Chen. Ata o pavillón da Rúa Alfredo Deaño se achegou o alcalde, Dani Vega, que saudou aos asistentes, á organización e ao gran mestre Liming Yue.

Exit mobile version