Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo mellorará o parque de San Miguel e a rúa Illa Pancha

Ribadeo, 17 de xuño de 2025. Ribadeo mellorará a seguridade do parque de San Miguel e actuará na rúa Illa Pancha, xa que se atopa en moi mal estado.

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando os espazos verdes, os parques infantís. Neste caso, volvemos investir no parque de San Miguel. Vamos eliminar todo ese mirto, que está en moi malas condicións, e vamos construír unha varanda de madeira. O que queremos conseguir con isto é dotar de seguridade un espazo infantil que ata o de agora non era posible”.

O rexedor contou que “estivemos escoitando ás familias, escoitando aos veciños levábannos dicindo que había que eliminar todo ese peche perimetral vexetal, pero que non dota de seguridade un espazo infantil. Con esta varanda de madeira todo o perímetro do parque está baixo as condicións de seguridade e tamén vamos seguir mellorando o espazo de esparexemento para as familias”.

Vega explicou que “vamos instalar mesas, vamos mellorar todo o espazo verde e con iso conseguimos un dos mellores parques de Ribadeo, un dos mellores situados desde o que se pode contemplar a ría, desde o que se pode pasear mentres os nenos están xogando, pasear nun entorno verde tan bonito como o que ten o parque de San Miguel”.

O alcalde subliñou que “tamén queremos baixo esa planificación que temos de inversión, mellor a rúa Illa Pancha, que está lamentablemente en moi mal estado e por iso nosoutros dentro das planificacións que temos na inversión na mellora das rúas, empezamos polas que peor están. A rúa Illa Pancha leva moito tempo en moi mal estado, por iso a vamos acondicionar e mellorar”.

Dani Vega engadiu: “pouco a pouco, baixo a planificación da inversión, seguiremos xestionando orzamento, neste caso é unha inversión que ven 100 % da Xunta e iso é ao que nos dedicamos, a xestionar para mellorar Ribadeo e así que avance”.

Exit mobile version