Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo recibe unha nova inversión da Xunta de 100.000 euros para mellora de camiños

Ribadeo, 20 de xuño de 2025. Nova inversión da Xunta para Ribadeo: 100.000 euros na mellora de camiños.

O alcalde, Dani Vega, explicou que “rematan as obras do Plan Avanza Rural. Nestes momentos, financiado pola Xunta de Galicia, son 100.000 euros e actuamos en estradas, en infraestruturas que estaban moi deterioradas”.

O rexedor contou: “investiuse en Arante, en Vilela, en As Anzas, Santalla-Couxela, unha estrada que comunica e une as dúas parroquias, e tamén en Vilaframil”.

Vega engadiu: “o Plan Avanza Rural segue dando os seus pasos. Nestes momentos 100.000 euros e seguiremos actuando nos próximos días con máis inversións para mellorar as nosas infraestruturas”.

Exit mobile version