“Desde a Deputación temos claro que apoiar ás pequenas e medianas empresas non é só un deber institucional: é unha aposta polo desenvolvemento sostible e equilibrado do territorio”, subliñou o mandatario provincial
No acto, que tivo lugar na oficina principal do Banco Santander de Lugo, o mandatario provincial felicitou aos galardoados e destacou que “é importante recoñecer hoxe o labor de quen lidera proxectos valentes”, sinalando ás empresas que apostan pola formación, a innovación, a sustentabilidade ou a internacionalización. Engadiu que das 22.000 compañías activas no territorio, a maioría son pequenas, “pero o seu impacto é enorme: sosteñen o emprego, a cohesión e o futuro da nosa provincia”.
“Desde a Deputación de Lugo temos claro que apoiar ás pemes non é só un deber institucional: é unha aposta polo desenvolvemento sostible e equilibrado do territorio”, unha aposta que, segundo sinalou, a institución provincial traduce en feitos: “impulsando a formación, apoiando o emprendemento, favorecendo a modernización, promovendo a sustentabilidade e estando sempre ao lado das empresas”.
Ademais do Premio Peme do Ano, neste evento tamén se recoñeceu cun accésit o labor de catro entidades máis, Medrar Smart Solutions SL, na categoría de Dixitalización e Innovación; Pesquerías del buen viaje S.L., no apartado de Formación e Emprego; Transmedia Comunicaciones y Prensa SLU. en Internacionalización e Lácteos Lorán na categoría de Peme Sostible, galardón que entregou o máximo representante provincial.
Participaron tamén neste acto o Alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, entre outras autoridades.