Site icon Crónica3.com A Mariña

Un motorista perdeu a vida logo de bater contra un coche en Barreiros

Barreiros, 15 Xuño, 2025. O particular que alertou indicou que estaba inconsciente tralo accidente.

O primeiro aviso chegou pouco antes das 12:30 horas ao 112 Galicia. Segundo o alertador, unha moto e un coche colidiran no quilómetro 567 da PO-634. O particular tamén indicou que o motorista parecía estar inconsciente logo do impacto.

Desde o 112 Galicia avisouse rapidamente ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barreiros.

Logo de que o persoal sanitario iniciase o traslado do ferido, confirmouse o seu falecemento durante o traxecto, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.

Exit mobile version