Unha muller faleceu tras ser alcanzada por un tren nun paso a nivel en Rábade
redac
Os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa, e o convoi cubre a ruta entre Ourense e A Coruña. Ás 22 horas deste martes, o persoal de ADIF alertou ao 112 Galicia de que un tren de pasaxeiros acababa de alcanzar unha persoa no paso a nivel a carón do apeadeiro de Rábade. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilalba e da Garda Civil. Unha vez no punto, os equipos de emerxencias nada puideron facer pola vida da muller.