Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha vintena de restaurantes e bares participaron nas xornadas de exaltación da ameixa que se celebraron en Ribadeo

Ribadeo, 21 de xuño, 2025. Unha vintena de restaurantes e bares participaron nas xornadas de exaltación da ameixa organizadas por Acisa Ribadeo coa colaboración da área de Mar da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Os locais participantes ofreceronn desde o venres e ata o domingo este molusco en diferentes receitas, desde as tradicionais ameixas con fabas ou en salsa verde e mariñeira ata ameixas á brasa ou en tostas.

O deputado de Mar Daniel Garcia achegouse este venres a Ribadeo, onde puido compartir valoracións con algúns dos hosteleiros participantes e con Carmen Cruzado e Jesús Pérez de Acisa.

A asociacion ribadense distribuíu entre os locais participantes máis de 200 quilos de ameixas e manteis promocionais para desenvolver esta iniciativa que contribúe á promoción dos produtos do mar a través da oferta gastronómica da hostelería, ao tempo que apoia a dinamización da restauración a e do comercio no ámbito local.

Exit mobile version