O sábado 7 de xuño organizarase unha degustación de pescada do pincho de Celeiro en empanada e de Pan dos Apóstolos de Semana Santa
Unha das actividades que o Concello de Viveiro organizará na Semana Verde será a degustación de pescada do pincho de Celeiro en empanada e de Pan dos Apóstolos de Semana Santa. Levarase a cabo o sábado 7 de xuño.
A alcaldesa Mariña Gueimunde manifestou que «participar na Semana Verde é unha oportunidade para amosar con orgullo todo o que ofrece o noso concello. Levamos con nós o mellor do noso patrimonio, da nosa terra e da nosa xente».