Site icon Crónica3.com A Mariña

Xa se coñecen as gañadoras do XV Certame fotográfico Cervo Repecta

1º. Banco de Loiba. De Diego Pérez Dopico. 56 puntos. 2º Bolboretas: sementadoras de vida. De Germán Paleo Navarro. 47 puntos. TOP CERVO Ruínas. De Consuelo Fra Fernández. 36 puntos. En total participaron 26 instantáneas. Desde o Concello agradecen a participación neste certame consolidado que é tamén unha chamada á reflexión, por captar e compartir a súa ollada neses momentos que reflicten o respecto, a beleza e tamén os retos que afronta a noso medio ambiente; ao tempo que nos permiten coñecer o seu traballo a través da súa óptica, e tamén descubrir lugares e situacións únicas, como sempre fan edición tras edición nesta iniciativa que “naceu para poñer en valor a nosa contorna natural e fomentar unha conciencia máis respectuosa co medio”.

Exit mobile version