Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada de ocio inclusivo en San Miguel de Reinante, Barreiros, co Diversiprix

Barreiros, 29 de xuño. San Miguel de Reinante, en Barreiros, acolleu esta mañá a xornada de ocio inclusivo DiversiPrix, organizada pola Asociación Guillem Veiga Iglesias coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Barreiros.

Baixo o lema “Onde enredarnos como iguais”, sesenta persoas -todas as prazas dispoñibles-, distribuídas en dez equipos, participaron nos diferentes xogos e actividades dispostos na contorna do campo da festa: probas de puntería, obstáculos, un futbolín humano, xogos cooperativos, de habilidade e lóxica ou xogos de mesa xigantes.

O deputado de Mocidade Daniel García achegouse ata o espazo de xogo, onde seguiu o desenvolvemento das actividades e destacou a oportunidade de ocio accesible e compartido que ofrece esta xornada que involucrou unha trintena de monitores e persoas voluntarias.

Exit mobile version