Os feitos ocorreron pasada a unha desta tarde en San Martiño, en Luama, Ortigueira. Unha árbore caeu sobre dúas persoas causándolles lesións de distinta consideración.
Para poder ofrecer asistencia médica, foron alertados os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, tamén, foron informados os membros do GES de Ortigueira e os axentes da Garda Civil. Segundo explicaron os efectivos de emerxencias, foi necesario precintar a zona por alto risco.
En canto aos feridos, un deles presentaba algunha contusión, pero a outra persoa tiña unha ferida importante na cabeza. Igualmente, o equipo do GES de Ortigueira sinalou que a árbore era de grandes dimensións.