O Presidente da institución provincial, José Tomé Roca, destacou, nun encontro con diferentes xogadoras e xogadores e membros do club, que “esta colaboración non é só unha distinción á entidade deportiva senón que tamén supón un importante apoio para que poidan lograr unha maior estabilidade económica de cara á vindeira tempada”
O mandatario provincial recordou que o Burela Fútbol Sala “conseguiu consolidarse, en pouco máis de vinte anos, como un auténtico referente deportivo tanto a nivel nacional como internacional. Grazas ao esforzo de todas as persoas que conforman esta entidade foron quen de acadar importantes distincións como a sétima Copa da Raíña ou o recoñecemento ao Mellor Club Feminino do Mundo no 2021-2022, entre outros moitos logros”.
Sinalou tamén o Presidente que “os seus éxitos deste Club non só soamente deportivos, senón que tamén se trata dunha entidade que sobresae en materia de igualdade, polo seu compromiso na loita dos estereotipos de xénero; por incentivar o deporte base na comarca; e por actuar como auténticos embaixadores da nosa provincia”.
Tomé Roca recalcou que esta aportación “é un recoñecemento ao seus esforzos, pero tamén é un importante apoio para que logren acadar unha maior estabilidade económica de cara á vindeira tempada, sigan competindo ao máis alto nivel e continúen proxectando a Mariña e a nosa provincia tanto dentro como fora de España”.