A primeira edición desenvolverase a partir do luns 7 de xullo na aula CEMIT dos Claustros de San Francisco, en horario de 9.00 a 14.00 horas. A segunda quenda terá lugar o 28 de xullo. Aínda quedan prazas dispoñibles. O obxectivo dos campamentos é mellorar as competencias dixitais da infancia e promover o uso creativo e saudable da tecnoloxía.
As inscricións poden realizarse a través da ligazón https://campamentodigital.org/#apunta-gratis.