O venres 25, Día de Galicia, celebrarase a 3ª Pancetada Popular no Monte Castelo, seguida do concerto de De Ninghures como prato forte da fin de semana
A programación arranca o venres 25, coincidindo coa celebración do Día de Galicia, para celebrar a 3ª Pancetada Popular, organizada polo Concello de Burela, o Club Baloncesto Burela e a SD Burela, en colaboración coa Romaría Monte Castelo. A cita gastronómica comezará ás 20:30 horas, con racións de panceta, chourizo, peixe, pan e bebida a un prezo de 10 euros. A venda anticipada está xa dispoñible na Cafetería Vista Alegre e en Beep Informática.
Ás 22:30 horas, o grupo De Ninghures ofrecerá o concerto principal da noite. Seguido do Dúo Venus e DJ Balbi como peche de xornada.
O sábado 26, a programación inclúe sesión vermú co Grupo Casablanca, xogos infantís a cargo de Gaia e concurso de disfraces. A verbena nocturna contará novamente co Grupo Casablanca e DJ Balbi.
O domingo 27, ás 13:00 horas, celebrarase unha misa con procesión en honra á Nosa Señora das Marabillas. A música correrá a cargo do Dúo Caché durante a sesión vermú.
A organización quixo agradecer “profundamente a colaboración de todos os establecementos e entidades que fan posible esta celebración, así como ás persoas voluntarias que traballan ano tras ano para manter viva a romaría”.