Site icon Crónica3.com A Mariña

A segunda Festa do Mexillón, celebrada en Barreiros o pasado sábado, foi todo un éxito

En total foron servidas 850 racións de comida (mexillóns e lacón cocido, acompañados de pan, viño e auga). O evento, organizado polo Celta Barreiros, contou con animación musical desde as sete da tarde e ata o fin de festa. O club agradece a colaboración dos Concellos de Foz e de Barreiros “que nos prestaron mesas, cadeiras e un grupo electróxeno” e da as grazas “a todas as veciñas e veciños de Barreiros, que nos acompañaron o sábado así como aos veraneantes, que decidiron pasar un rato moi agradable entre nós e así apoiar ao Celta Barreiros”.

Exit mobile version