Alberto foi xogador profesional durante máis de 20 anos, disputando 480 partidos na Leb Ouro (actual Primera Feb) e 17 en ACB. Á súa experiencia como xogador suma tamén a de adestrador, xa que vén de estar 2 tempadas no Socuéllamos de Castilla La Mancha, onde na tempada 23-24 se proclamou campión de esa comunidade autónoma, acadando o ascenso a Terceira Feb, categoría na que adestrou a ese mesmo conxunto a tempada pasada.
“Para o noso clube é un luxo poder contar con Alberto, consideramos que nos vai dar un salto cualitativo como clube e agardamos que o tempo que esteña con nós sexa de proveito para todos xs nosxs xogadorxs e logre sacarlles o mellor”.
“Desde a primeira conversación que tivemos mostrou interés en unirse ós Celtas, e por ambas partes fixemos un esforzo para levalo a cabo”.