Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfoz celebra esta fin de semana a Festa dos Chóferes

Alfoz , 30 de xullo de 2025.A Asociación Cultural Xuvenil O Castelo organiza un ano máis a Festa dos Chóferes de Alfoz, que se celebrará esta fin de semana e conta co apoio da Xunta de Galicia. Hoxe presentaron a programación nun acto no que participou o delegado territorial de Lugo, Javier Arias.

Os actos centrais terán lugar o domingo. Ás 11.00 horas comezará a procesión polas parroquias do municipio dos vehículos participantes, que posteriormente serán bendicidos; outorgaranse premios aos mellores de cada categoría.

O programa inclúe verbenas todas as noites desde o venres, e sesión vermú o sábado e o domingo. Haberá unha zona de acampada e carpa con mesas e toma de corrente eléctrica para os que queiran desfrutar alí dos tres días de festa.

Exit mobile version