Durante a mañá, foron recollidos plásticos, latas, botellas, ferralla e outros residuos abandonados que afectan á paisaxe e ao medio natural.
Desde Alfoz Limpo lembran que “o lixo non aparece só: alguén o deixa. E entre todos podemos facer que desapareza”. Esta acción non só busca limpar o territorio, senón tamén concienciar sobre a importancia de manter limpo o noso entorno.
Agradecen a implicación de todas as persoas participantes e animan á veciñanza a continuar colaborando nas próximas convocatorias. Con accións como esta, Alfoz segue dando exemplo de compromiso co medio ambiente.