A cita deportiva, puntuable para o circuíto de carreiras Duacode Run Foz Run 25, está organizada polo Club Deportivo San Ciprián coa colaboración do Concello de Cervo
A cita deportiva, puntuable para o circuíto de carreiras Duacode Run Foz Run 25, foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e por varios integrantes do Club Deportivo, na propia instalación na que se celebrará o evento a partir das 11:00 horas, sobre un circuíto de 200 m para pitufos, 500 m para benxamìns, 1000 metros para alevíns, 1609 metros para infantís e cadetes e de 5000 metros para a proba absoluta; con saída e meta nas instalacións deportivas da Veiga, e que transcorrerá por un circuíto mixto, polas rúas de San Cibrao e o paseo do Torno.
As persoas interesadas en participar aínda se poden inscribir a través da ligazón https://sportmaniacs.com/es/services/inscription/iv-maruxaina—san-ciprin nas diferentes categorías.
Desde o Concello de Cervo animan aos afeccionados e profesionais do atletismo a que se anoten a esta carreira, que é unha oportunidade para desfrutar destas instalacións privilexiadas e tamén de descubrir doutro xeito a beleza do litoral do noso Concello. Porque ademais do aspecto deportivo, a carreira é unha oportunidade perfecta para compartir unha xornada de lecer, fomentar hábitos de vida saudables e poñer en valor a nosa contorna natural e cultural.