De inmediato, desde o 112 Galicia activouse un operativo para o que se solicitou a participación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, da Policía Nacional, da Garda Civil e do Servizo Municipal de Protección Civil de Viveiro.
Pouco despois, os medios confirmaron que o home atopábase fóra da auga tras ser axudado polos seus compañeiros. Nun primeiro momento permanecía inconsciente, mais poucos minutos despois sinalouse que volveu en si. Con todo, presentaba síntomas de hipotermia e foi atendido polo persoal sanitario.