As dúas feiras desenvolveranse do 1 ao 3 de agosto con degustacións gastronómicas, concertos, actividades culturais e propostas para todos os públicos
A programación comeza o venres 1 de agosto coa inauguración oficial da Feira Produart, organizada pola Fundación Expomar e que xa alcanza a súa vixésimo terceira edición. Este acto inagural contará coa presenza da alcadesa Carmela López; a conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Marta Villaverde; e o deputado da área de recursos sotibles da Deputación Provincial de Lugo, Francisco Cajoto.
Ao longo do sábado e domingo, a protagonista será a gastronomía con degustacións continuadas de pratos elaborados co peixe rei da localidade. O sábado, o público poderá gozar do clásico bonito cocido, á grella ou en empanada, ademais da tradicional tapa de salpicón.
O domingo, unha das grandes novidades será a presenza da enfariñada de Trabada con bonito, unha receita tradicional que se incorpora ao menú grazas á colaboración directa co Concello de Trabada e que se servirá xunto co marmitako, con opción sen glute. As degustacións abrirán ás 13:30 h.
A música tamén será protagonista coas sesións vermú a cargo de Toxo Guayaba (sábado) e Carlos Bau & 80 Razones (domingo), e cos concertos da noite do sábado, que inclúen a actuación de Maricarme, Enol e DJ Pepu.
Xunto á parte gastronómica e cultural, haberá actividades infantís, deportivas e propostas para todos os públicos, facendo da Feira do Bonito unha cita imprescindible do verán galego.