A colaboración entre ambos concellos permitirá servir 250 racións durante a xornada do domingo, elaboradas por voluntariado das dúas localidades desde primeira hora da mañá
A iniciativa, que pon en valor o traballo conxunto entre estes dous municipios da Mariña cunha fonda tradición culinaria, permitirá servir 250 racións a partir das 13:30 horas na carpa situada no porto de Burela.
A preparación comezará ben cedo, coa colaboración de voluntarios e voluntarias de ambas localidades, que traballarán man a man para dar forma a este prato.
Esta iniciativa busca visibilizar o traballo conxunto entre municipios como motor de desenvolvemento e promoción do territorio, unindo esforzos para ofrecer unha proposta de calidade baseada na cultura e nos sabores propios da comarca.
A enfariñada, prato estrela da festa gastronómica de Trabada, únese así ao rei da Feira de Burela, o bonito. Dúas tradicións que se dan a man nunha cita única este domingo 3 de agosto.